Un impulso para chegar ós máis vulnerables.
colabora connosco
¿Por qué facerse socio?
Porque os socios son a pedra angular de toda asociación Supoñen a principal e máis estable fonte de ingresos coa que desenvolver o noso traballo, garantindo con iso nosa continuidade e a nosa independencia.
Porque na nosa comarca, tan castigada pola precariedade e o desemprego, cun destacado envellecemento progresivo da poboación, que de feito veu rexistrando perdas durante o últimos trinta anos, necesitamos un maior compromiso por parte das novas xeracións que garantan a substitución xeracional.
¿E que podo facer?
A partir de 12 euros ao ano, menos do que custa un simple café ao mes, xa nos estarás axudando dando soporte e continuidade ao noso labor. Podes elixir a forma de pago mensual, trimestral, semestral ou anual, como mellor che veña. Domiciliando o teu recibo ou, se o prefires, abonándoo na nosa oficina. Ademais, da cantidad que elixas, che desgravará na Declaración da Renda
Cobre o noso boletín cos teus datos, asínao e fáinolo chegar á nosa sede na Rúa Rubalcava, 29. Podes traelo, envialo por correo, ou deixalo na nosa caixa de correos Lembra que se tes calquera dúbida atenderémosche de luns a sábado no noso horario de oficina, de oficina de 09:00h a 14:30h.
Voluntariado
Faite voluntario na Cocina Económica, poderás participar doando o teu tempo e o teu traballo axudándonos no servizo de comedor. Nos xantares de 12:30h a 14:30h de luns a sábado e nas ceas de 20:00h a 21:30h de luns a venres.
Apúntate na Oficina da Cocina Económica de Ferrol, entidade de Acción Voluntaria con número de rexistro O-686.
Para máis información, contacta connosco chamando ao teléfono 981·353·117